Tuesday 14 de May de 2024

A Deputación da Coruña mostra o seu pesar polo falecemento do fotógrafo Manuel López


O artista foi nomeado Fotógrafo Histórico da institución provincial no ano 2006

A Deputación Provincial da Coruña mostra o seu pesar polo falecemento de Manuel López, Fotógrafo Histórico da institución desde o ano 2006 e que finou na súa casa de Denia (Alicante) o pasado venres.

Manuel López Rodríguez, nado en Vilasantar no ano 1946, entregou desinteresadamente á Deputación a súa colección de libros de fotografía, máis de 4.000 volumes actualmente a disposición do público na sala que leva o seu nome na Biblioteca Provincial.

A súa última visita a A Coruña, da que adxuntamos fotografía, tivo lugar para tomar parte nas deliberacións do xurado do premio Luis Ksado que convoca a Deputación Provincial e do que el formaba parte.

No nome da corporación provincial e de todos os traballadores da institución provincial, o presidente Diego Calvo Pouso lamenta a perda “irreparable” dun “dos grandes históricos da fotografía nacional”, á vez que xa mostrou as súas condolencias á súa familia.

Manuel López
Nado en 1946, desenrolou boa parte da súa carreira profesional en Madrid, onde traballou, entre outros, na Gaceta Ilustrada, Cuadernos para el Diálogo o El Periódico. No ano 1982 fundou a revista FOTO, que dirixiu ata o ano 2009. Actualmente era editor de Periodistas en Español.

Moitos dos seus compañeiros lémbrano pola súa participación na redacción do anteproxecto da Lei de Propiedade Intelectual. Moi recoñecida foi tamén a súa fotografía do Golpe de Estado do ano 1981.